O que garda sempre ten
A forma de aforrar que máis transforma a sociedade

Que diferenza hai entre as achegas periódicas e as achegas ordinarias?
Non existe ningunha diferenza entre unhas e outras. Simplemente, o que cambia é o mecanismo de como aforramos, en lugar de facer achegas puntuais, as achegas teñen un carácter periódico, pero todas elas súmanse ao mesmo lugar. Dito doutra maneira, poderíase achegar 1.000 euros de maneira puntual ou 100 euros ao mes durante 10 meses, pero ao final sempre terías un saldo de 1.000 euros.
Podo pedir o retorno das miñas achegas en calquera momento?
Si. As achegas periódicas son consideradas achegas voluntarias ao capital social, da mesma maneira que o resto de achegas voluntarias feitas en Coop57 e, por tanto, pódese recuperar, parcial ou totalmente, cando se necesiten.
Para recuperar a achega deberase solicitar poñéndose en contacto coa sección territorial á cal se estea adscrito ou a través da Oficina Virtual de Coop57. Normalmente, nun termo de 24/48 horas, o diñeiro estará dispoñible na vosa conta corrente.
Non existe ningún período de permanencia mínimo. Isto é, pódense recuperar as achegas en calquera comento que se desexe, sen ningún tipo de custo, comisión ou penalización.
Como se retribúen as achegas periódicas?
As achegas periódicas, da mesma maneira que o resto de achegas voluntarias, retribúense conxuntamente co resto de achegas realizadas. A cantidade da remuneración fíxase cada ano na Asemblea Xeral de maneira democrática e colectiva e liquídase cada 31 de decembro.
E se nalgún momento non me vai ben continuar facendo a achega periódica?
As achegas periódicas non teñen ningún tipo de permanencia, nin vencemento e, en calquera momento, pódense realizar os cambios que se necesiten, sen custos, nin comisións.
• Pódese modificar o importe mensual da achega periódica, sexa para aumentala ou para reducila.
• Pódese deter ou interromper de maneira temporal nosa achega periódica. Por exemplo, se un mes non nos vai ben facela, e retomala máis adiante.
• Pódense cancelar as achegas periódicas e deixalas de facer en calquera momento. Igualmente, en calquera momento poderíanse volver activar.
Fiscalidade e transparencia
A remuneración destas achegas, igual que o resto achegas, son consideradas como rendemento do capital mobiliario e están suxeitas a retención fiscal (19% actualmente). Como é habitual, en cumprimento estrito e transparente da normativa fiscal, Coop57 retén esta obrigación, abónaa á autoridade fiscal e emite o certificado pertinente, que queda incorporado no borrador da declaración tributaria.